División Tarasov
Tipo | conferencia |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo |
Epónimo | Anatoly Tarasov (pt) |
Organizador | Kontinental Hockey League |
Parte de | Conferência Oeste (pt) |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2008 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
A División Tarasov da Kontinental Hockey League é unha das catro divisións que conforman esta competición eurasiática de hóckey sobre xeo. Esta división foi creada na tempada inaugural da competición en 2008 e forma parte da conferencia oeste dende a segunda tempada da KHL, cando se estableceron as conferencias na competición. Recibe o seu nome en honor ao membro do Hockey Hall of Fame Anatoli Tarasov, "o pai do hóckey ruso", que converteu á Unión Soviética na "forza dominante na competición internacional".[1]
Equipos
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
A División Tarasov estará integrada na tempada 2013-14 por sete equipos procedentes de Rusia (6) e Ucraína (1). Os equipos serán os seguintes:
- Atlant Moscow Oblast
- Vityaz Podolsk
- Severstal Cherepovets
- HC Donbass
- Dynamo Moscow
- Spartak Moscova
- Lokomotiv Yaroslavl
Trocos de equipos na división
[editar | editar a fonte]Aliñación inicial (2008)
[editar | editar a fonte]Na tempada inaugural, a aliñación da división foi determinada pola forza dos equipos e os equipos que a integraron foron: CSKA Moscova, HC MVD, Khimik Voskresensk, Metallurg Magnitogorsk, Traktor Chelyabinsk e SKA San Petersburgo.
Realiñación en 2009
[editar | editar a fonte]Coa aliñación xeográfica das divisións na tempada 2009-10, a composición da División Tarasov cambiou totalmente e só o HC MVD permaneceu na división, sendo acompañado por outros dous equipos da rexión de Moscova, o Atlant Moscow Oblast e o Vityaz Chekhov, así como polo Lokomotiv Yaroslavl, o Torpedo Nizhny Novgorod e o Severstal Cherepovets.
Minsk substitúe a HC MVD (2010)
[editar | editar a fonte]Nun principio, o HC Budivelnyk de Kíiv (Ucraína), foi admitido para competir na liga en 2010 para substituír o HC MVD logo da súa fusión co Dynamo Moscova. Porén, o equipo retirouse da liga posteriormente antes de que a competición comezara, e no seu lugar o Dinamo Minsk pasou a formar parte da división procedente da División Bobrov.
Suspensión do Lokomotiv Yaroslavl (2011)
[editar | editar a fonte]A causa do accidente aéreo no que morreron case todos os xogadores do Lokomotiv Yaroslavl, a dirección do equipo decidiu suspender todas as actividades da tempada 2001-12, reducíndose deste xeito o número de equipos da División Tarasov a 5 equipos. O Lokomotiv regresou á liga na tempada 2012–13.
Novos membros (2012)
[editar | editar a fonte]Coa chegada de dous novos equipos á División Bobrov na tempada 2012-13 fixéronse necesarias algunhas realiñacións entre os equipos da conferencia oeste: Vityaz Chekhov foi recolocado na División Brobrov, mentres que dous equipos de Moscova, Spartak e CSKA foron recolocados na División Tarasov, aumentando o número de equipos da División Tarasov a un total de 7.
Expansión e realiñación (2013)
[editar | editar a fonte]Coa chegada de dous novos equipos á liga na tempada 2013-14 fixéronse necesarios novos trocos nas divisións, polo que o Torpedo Nizhny Novgorod foi recolocado na División Kharlamov, e o CSKA Moscova e o Dinamo Minsk foron movidos á División Bobrov. Por outra banda, Vityaz Chekhov, Donbass Donetsk e Dynamo Moscova foron trasladados da División Bobrov á Tarasov.
Campións de división
[editar | editar a fonte]- 2013: CSKA Moscova (96 puntos)
- 2012: Torpedo Nizhny Novgorod (91 puntos)
- 2011: Lokomotiv Yaroslavl (108 puntos)
- 2010: HC MVD (102 puntos)
- 2009: CSKA Moscova (106 puntos)
Notas
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |